Digo
de toda a vida porque foi este el “argumento” mais escuitado en
contra da nova toponimia nos debates que llevan días enchendo Boal
i, aunque demagóxico, é certo. Durante a nosa corta vida solo vimos
escrito Boal, lo cual nun quere decir que esta forma nun sea
revisable. Respetando as diferentes opiniois quixera fer uha
aclaración respecto a este nome.
Si
nos vamos únicamente à sua forma oral, podemos apreciar que na
fonética de Boal ['bwal /
bʊˈɑl],
esa polémica “o” ou “u” correspóndese com uha “o”
pechada, que precisamente por el noso modo de falar (que conta com
“o” aberta i pechada) chega a ser complicado diferenciala de uha
“u”. É por esto, que aunque a forma histórica escrita mais
común é Boal, tamén podemos atopar Bual.
Con
todo esto nun
quero, nin muito menos, defender a postura de certo grupo de persoas
que se levantaron en protesta en contra da iniciativa de
oficialización da toponimia tradicional en gallego-asturiano, sino
dar outro punto de vista mais ou menos razonado a un debate nel que
escuitei e vin de todo, pero mui poucos verdadeiros argumentos. É
mais, creo necesario que a toponimia oficial sea a mais próxima á
forma propia que fraguou a nosa xente e non formas castellanizadas “a
machete” como La Bajada ou Roginos. De forma personal podo nun tar
de acordo na forma de escribir certos nomes na toponimia recentemente
aprobada, por razois como a que acabo de explicar, pero ante todo
respeto i apoio el traballo da pouca xente que fai algo por manter
viva a nosa cultura i tradición.
De
todas formas penso que el debate que se da é outro, entre quen quere
que el noso idioma se valore mais alló de ser uha peza de museo e
quen ten complexo de
vir de unde ven.
Vin xente opinar que se debía
de manter Boal, non porque sexa a forma propia, se non porque hai que
manter el castellano. Xente que dice nun avergonzarse da súa “fala”,
que incluso se enorgullece dela, pero eso sí, como uha língua para
“usar en casa”, que solo se deve preservar confiando na
transmisión oral. Porque é ben
sabido que solo el castellano nos saca del “terruño”, del
“furao” e ábrenos as “cancellas” al mundo. Vexo aquí uha
contradición propia de quen quere
ocultar un complexo de auto-odio. Xente que en cuanto sale da casa ou
del sou círculo de amistades xa nun “fala” por vergonza ou
prexuicio
de que nun la van entender ou qeu
pensa que si nun temos os nomes das aldeas en castellano, os turistas
(que deben ser todos analfabetos), nun van dar chegado al terruño de
Bual. Dudo muito tamén que esta xente vaia fer por manter viva a sua
“fala” usándola para
comunicarse com as
suas fillas i fillos, como lo fixeron ata ahora os nosos antepasados,
pois tein que asegurar que aprendan ben el idioma de Cervantes, que
nun lles há de chegar con
a escola, a televisión ou todo el sou entorno de amistades.
Quero
decirlle a esta xente tan “aberta de mente” e tan “progresista”
que foi precisamente esa “fala” que eu mamei na casa a que me
abriu portas en muitos sitios, a que facilitou que puidera
comunicarme tanto con
xente de Asturies,
como de Galiza, Portugal ou Angola e facilitou que en pouco tempo
aprendera a escribir galego i portugués, língua esta última que
conta com 250.000.000 falantes nel mundo. Todo esto por iniciativa
propia. Porque si nos cegamos i nun queremos ver lo que nos une, por
complexos i prexuicios absurdos, entonces si que nun chegaremos a
ningún sitio. É certo que estudiei sempre en castellano i que esto
me axudou outro tanto a comunicarme i manexarme en muitos sitios pero
sempre preferín sumar i non restar. En cambio na escola naide me
dixo que na mía comarca contabamos com
uha
língua propia, válida para falar na casa, e fora tamén, incluso
del outro llao del Atlántico.
Pero nun faltou quen me corrixira cuando se me escapaba uha palabra
en “fala” ou incluso se rira de min. Faláronme
de reis i de grandes batallas, pero non del noso pasado, que podería
axudar a entender a actual despoblación que mantén fundida el
Eo-Navia.
Creo
entonces que é este un problema de autoestima colectivo. Decimos
estar orgullosas i orgullosos de ser de donde somos, pero
indignámonos de que nos chamen aldeanos cuando precisamente
vimos
de uha aldea. Aldea da que renegamos chamándolle “furao” ou na
que as poucas persoas novas que quedan esperan que os sous políticos
traian el “progreso” en forma de industrias i grandes empresas
que nos saquen da miseria a costa de explotar a 4 traballadores.
Olvidamos a orixen de Boal (“bovis”, lugar de gando bovino),
patente tamén nel sou escudo. Terra
que nun fai muito víase verde i limpia, chía de bois i vacas que
daban de comer aos nosos.
Preferimos que os nosos fillos busquen un futuro llonxe a costa de
traballos precarios ou
de fer cola nel INEM a
que teñan a oportunidad de labrarse un futuro na casa, mantendo viva
a terra, traballando por i para ellos, ou emprendendo un pequeno
proxecto. Porque
aunque criar vacas, ser carpinteiro ou traballar a terra poida
asegurar un futuro digno para muita xente, cualquer cousa antes que
nun salir del “furao”.
Digo
esto porque outro tanto pasa con
a nosa língua. Si a dia de hoi tuvera reconocida, valorada i fora
enseñada nas escolas como algo máis que un fósil, a lo millor
éramos
conscientes de que ningún idioma pecha portas i que todos son
válidos para comunicarse en cualquer ámbito, si femos porque medre
da nosa mao. Para quen dice que todo esto crea confusión, decir que
ta
demostrado
que os nenos i nenas que aprenden i falan a diario mais de un idioma
tein mais facilidad á
hora de aprender outros novos, como
el tan eloxiado inglés ou alemán,
i esto millora a memoria i a capacidad cognitiva, por
lo
que mais que un obstáculo é uha ventaxa que el sistema educativo
divulgue i poña en valor a nosa “fala”. De momento nun conozco
ningún sitio nel que fixeran esto i repercutira negativamente, nin
na educación, nin nel desarrollo económico del lugar. Muito
menos, i con esto faise muita demagoxia, se marxina ou se lleva á
desaparición al castellano, presente a dia de hoi en todos os
ámbitos da vida, queramos ou non. Eso sí nun olvidemos que, como el
sou nome indica, é el idioma propio
de Castilla.
Tamém
hai quen opina que nun é posible crear uha normativa escrita que se
poida enseñar nas escolas i
usar de forma habitual porque aquí nun falamos nin asturianu nin
galego i el falar da xente cambia case de parroquia en parroquia. É
esta a forma de pensar de quen nun quere ver mais alló dos propios
focicos. Todas as línguas del mundo tein diferentes variedades
dialectais ou diferencias en canto a léxico, pronunciación ou
acento, dependendo de donde se falen e
todas
ellas son válidas i contribúen a conformar un idioma. Non por esto
deixan de ter uha normativa escrita, que na maior parte dos casos
acóllese á rama linguística que lle pertenece (nel noso caso a
galego-portuguesa) i que sirve para agrupar baxo un mismo paraugas as
diferentes formas de expresarse de forma oral que tein os sous
falantes. Quero decir, que nun vein a ser mais que un acordo formal
para que todo el mundo se poda expresar de forma escrita, sin ter
porque corresponderse exactamente i na maioria dos casos, con
as diferentes formas de falar.
Eu
seguirei esperando a que algún dia nos demos conta de lo que temos i
espero que nun sea tarde para dotar dun verdadeiro reconocimento
social e institucional á nosa cultura. Mentres tanto, déixovos
a mía reflexión, escrita como me peta, observando
como
a mia língua perde falantes cada vez que morre uha vella ou nace un
neno.